XX Xornadas Interdisciplinarias de FAGAL
O sábado día 7 de Maio o equipo de AFA Viveiro acudiu ás XX Xornadas Interdisciplinarias de FAGAL en Santiago de Compostela.
Este ano estivo de invitado a Federación Alzhéimer de Cataluña onde puidemos coñecer a súa labor así como os programas que imparten e estudios que realizan, un gran traballo
De seguido estableceuse unha mesa debate entre os diferentes perfís profesionais que traballan nas AFAS representados por un membro de cada colexio profesional. Tamén asistimos a diferentes obradoiros sobre a regulación do Código civil, a implantación dos sistemas de calidade e o traballo que realizan as AFAS.
Por último, para rematar desfrutamos da música de unha banda que reivindica o envellecemento activo interxeneracional : Deteriorados, un gran pracer escoitarvos.
Déjanos un Comentario